Menciñeiros

Baseado en Escola de menciñeiros de Álvaro Cunqueiro, esta nova peza de Volta e Dálle  (ver a xira) preserva e da a coñecer a cultura e os saberes do curandeiros.


O lugar da representación é o adro dunha igrexa, o momento é o serán. A acción arrinca entre o paseo e a parola, desculpa para que comece a aparecer ou a evocarse sobre as táboas os menciñeiros retratados por Cunqueiro. Os encargados de darlles vida a estas figuras son Pepe Penabade, e os músicos Mini e Mero, tres vellos menciñeiros que ven a fin do seu tempo pero gardan na memoria or recordo de Borrallo da Lagoa, Lamas Vello, Xil da Ribeira ou Silva da Posta.

maria chenut mencineiros

 

%d bloggers like this: