Merlin

Quinquillans Teatro estrea Merlin:

FURAVENTOS arriba a súa dorna na praia das Tebras sen sospeitar que está en Avalón, a mítica illa onde aínda viven MERLÍN, MORGANA e o rei ARTUR desde hai mil cincocentos anos, grazas ás mazás da inmortalidade.

O noso intrépido FURAVENTOS terá que sortear moitos atrancos porque en Avalón nunca se sabe o que pode ocorrer.

MERLÍN combina a interpretacion actoral con cancións, batallas, pequenas maxias e algún boneco que nos acompaña na nosa aventura por Avalón, illa das mazás.

Merlín: Pepe Soto, Furaventos: Inacio Vilariño, Morgana: Tero Rodríguez, Artur: Lucho Penabade, fotos e vestiario: Maria Chenut, Iluminación: Xacobo Castro

%d bloggers like this: