Elefante elegante IN

 

Un espectáculo sensitivo e universal que indaga a representación contemporánea da figura humana. A súa poesía visual nace da fusión do teatro, coa danza, o video e as artes plásticas. IN significa “dentro” en iglés e “estar in” quere decir “estar na moda”.

 IN xurde da ambivalencia entre o ser e o parecer. O de dentro como a nosa identidade e o de fóra o aspecto que podemos manipular, disfrazar e cambiar. O confronto do interior coa aparencia. Somos o que parecemos? Somos ou só parecemos?

A estrutura dramatúrxica do espectáculo é creada a partir de dous elementos fundamentais: por un lado a peza teatral de Bertold Brecht “A voda dos pequenos burgueses”, e por outro os contos populares infantis: “Cincenta”, “Brancaneves”, “Os zapatos vermellos”, “A vendedora de fósforos” e “O país onde a morte non pode entrar”.

Autoría e dirección
María Torres Dramaturxia e espazo escénico Gonçalo Guerreiro Actores-Bailaríns Alfredo Muiño, Angela Blanco, Gonçalo Guerreiro, María Torres e Nuria Sotelo  Deseño de Luces Octavio Mas Videocreación Masako Hattori Vestiario e aderezo María Chenut Máscaras expresivas Mónica Varela Son Germán Gundín Distribución Diana Sieira

www.elefanteelegante.net

%d bloggers like this: